HomesociedadeCatas en liña dos viños da D.O. Ribeira Sacra para comezar o...

Catas en liña dos viños da D.O. Ribeira Sacra para comezar o 2021

Primeira cita este xoves, 21 de xaneiro ás 19.00 horas. As catas son de balde pero é preciso inscribirse ata o día 20 no correo comunicacion@ribeirasacra.org

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra comenzaba a campaña promocional de Nadal “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal” con catas virtuais da sumiller, Mercedes González Rodríguez. As catas que se celebraron os días 10 e 17 de decembro foron transmitidas por streamig en Zoom, Youtube, Facebook e Instagram. A actividade tivo moi boa acollida por parte das adegas participantes e por parte do público inscrito na cata, polo que a D.O. Ribeira Sacra prepara dúas novas catas; unha para o xoves, 11 de febreiro e a primeira para o xoves 21 de xaneiro

As catas desenvolveranse a partir das 19.00 horas. A participación é aberta e gratuíta pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño. 

O xoves 21 ás 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño dos que se catarán adquiriu o participante para a cata):

  • Regina Viarum Godello 2019 de Regina Viarum
  • Val da Lenda blanco Sumum 2019 de Víctor Manuel Rodríguez. 
  • Casa Moreiras Godello 2019 de Casa Moreiras
  • Asolagados Mencía 2019 de Pilares de Belesar. 
  • Rectoral de Amandi Mencía 2019 de Bodegas Rectoral de Amandi
  • Finca  Cuarta Mencía 2019 de Rubén Moure. 
  • Finca Míllara Mencía barrica 2017 de Finca Míllara
  • Ribera de los Naranjos Tinto Summum barrica 2018 de Finca Míllara
  • Adobe Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós. 
  • Algueira Carravel Mencía 2016 de Adega Algueira
  • Ruxe Ruxe Mencía 2018 de Tolo do Xisto. 

Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web da D.O. Ribeira Sacra.

As catas desenvolvidas en decembro poden verse de novo no blogue da D.O. Ribeira Sacra, no que xa está colgada a primeira cata. O día 18 colgarase a segunda e entre tanto poden visionarse tamén na canle de youtube da D.O. Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...

O campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais....