HomeSucesosAtribúenselle ao "Luciérnaga" máis de 90 roubos cun valor de medio millón...

Atribúenselle ao “Luciérnaga” máis de 90 roubos cun valor de medio millón de euros

O ladrón permanece en prisión logo de protagonizar un asalto a un concesionario en Chantada, mais no seu historial figuran unha chea de subtraccións en locais hostaleiros, tendas ou mesmo unha clínica veterinaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo pechou a investigación sobre un mozo de nacionalidade romanesa alcumado ‘O Luciérnaga’ ou o ‘Solitario’, ao que se atribúen máis de 90 roubos estimados en case medio millón de euros.

Tras un ano de pequisas, a Policía Xudicial da Garda Civil de Monforte, encargada do caso, clausurou a investigación contra este home, detido en setembro de 2019 tras protagonizar un asalto a un concesionario de Chantada. Desde daquela, ‘O Luciérnaga’ atópase na prisión da Mansilla de las Mulas á espera de render contas polos delitos que se lle imputan desde 21 xulgados diferentes, a maioría en Galicia e na comunidade de Castela e León.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...