Homesociedade'Sen Fronteiras', co chantadino Javier Varela, xa na TVG

‘Sen Fronteiras’, co chantadino Javier Varela, xa na TVG

O programa, de coprodución galaico-portuguesa, estreouse o pasado mes en Portugal e este sábado dará o salto á Televisión de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘Sen Fronteiras’ percorre varias localidades dun lado e doutro da raia tendo como punto de partida a semellanza do nome destas pero cunha particularidade moi importante. A ‘influencer’ portuguesa, Beatriz Gosta amosaralle aos seus compatriotas as tradicións, cultura, gastronomía, celebracións, espazos naturais, xentes… das vilas galegas que visite, e o chantadino Javier Varela atravesará a fronteira portuguesa para facer o propio cos seus paisanos en relación ás poboacións portuguesas escollidas. E todo aderezado con grandes doses de espontaneidade e diversión.

O formato televisivo, que está coproducido polas portuguesas RTP e SPI, e as galegas M Internacional Audiovisual e TVG, estrease na Galega este sábado 13 de febreiro ás 20:25 h. do serán.

Xornal de Lemos xa informou deste programa en xaneiro, coincidindo coa estrea na televisión portuguesa.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...