IniciosociedadeDetidos os presuntos autores de roubos en Carballedo

Detidos os presuntos autores de roubos en Carballedo

A Garda Civil, no marco da operación “Black Line" detén a catro mozos e investiga a un quinto, con idades comprendidas entre os 18 e 25 anos de idade, como supostos autores dunha ducia de roubos con forza no interior de vivendas situadas nunha parroquia do municipio de Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil ten coñecemento dos feitos o pasado día 01 de febreiro, tras recibir aviso por parte do propietario dunha das vivendas afectadas, comprobando no lugar que non fora só unha casa, senón que a totalidade das vivendas que compoñen o núcleo rural foran forzadas.

Nese momento chama a atención dos veciños e investigadores que se atopa no lugar un remolque de grandes dimensións abandonado, tras quedar encaixado nunha cuneta e non poder quitalo, comprobando posteriormente que o mesmo fora roubado na localidade ourensá de Celanova.

Os presuntos autores son varios mozos, residentes nunha aldea pertencente á localidade de Celanova (Ourense), utilizando para desprazarse e trasladar o remolque, un vehículo antigo con gancho de remolque e cunha pintura moi característica.

O seu modus operandi consistía en trasladarse a zonas rurais illadas, e unha vez no lugar seleccionaban as vivendas que puidesen ser do seu interese, desprazándose con dous turismos, un deles arrastraba un remolque que desenganchaban nas proximidades ocultándoo en zonas discretas, para acto seguido facer batidas buscando os seus obxectivos, e unha vez asegurábanse de non ser detectados enganchaban novamente o remolque e accedían ao interior das vivendas substraendo multitude de efectos.

O material máis roubado foron ferramentas, pezas de metal, maquinaria eléctrica, electrodomésticos e memo maquinaria utilizada para a elaboración de viño. Realízanse rexistros domiciliarios, recuperando gran cantidade de obxectos presuntamente subtraídos nos feitos delituosos.

A investigación continúa aberta non descartando máis detencións e determinar se poidan ser os autores doutros delitos cometidos nas provincias de Lugo e Ourense. Os efectos intervidos atópanse depositados nas dependencias da Garda civil de Sarria, en espera de localizar aos seus lexítimos propietarios. As persoas detidas e investigadas foron postas ao dispor do Xulgado de 1ª. Instancia e Instrución de Chantada.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...