HomePolíticaO PP de Monforte aplaude a reforma anunciada para o Hospital

O PP de Monforte aplaude a reforma anunciada para o Hospital

O PP de Monforte expresa a súa satisfacción polas melloras que van ser executadas pola Xunta no hospital e pon en valor a positiva repercusión que terán na atención da poboación á que serve.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, pon en valor a reforma que vai ser acometida no hospital monfortino. As obras adxudicadas teñen un orzamento de 1,4 millóns de euros e afectarán ao hospital de día, onde, entre outras cousas, se aplican os tratamentos de quimioterapia e está o servizo de farmacia. É relevante destacar igualmente que a planificación das obras está feita de maneira que non será necesario deter a actividade nin trasladar pacientes a outros centros.

As obras xa adxudicadas enmárcanse nun proxecto moito máis amplo, de maneira que a reforma total custará uns 15 millóns de euros e suporá cinco anos. Os populares poñen en valor a positiva repercusión que a reforma do complexo sanitario terá na prestación dos servizos aos usuarios do distrito sanitario aos que atende

Varela cualifica de “inversión clave” a que se vai efectuar no hospital de Monforte, unha infraestrutura fundamental para a comarca.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...