HomeCulturaNovidade literaria en Monforte para celebrar o ‘Día de Rosalía’

Novidade literaria en Monforte para celebrar o ‘Día de Rosalía’

A Librería Pelayo de Monforte presentará un poemario editado por Peruchela Edicións aproveitando tan senlleira data.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co gallo do ‘Día de Rosalía’, este mércores 24 de febreiro, a Librería Pelayo de Monforte ten a ben presentar o poemario “Náiades”, do autor do Courel J.A. Parada Jato.

Será ás 9:30 h. da mañá e o autor asistirá formalmente á librería para presentar o libro e oficialmente a partir dese momento xa se poderá adquirir ao prezo de 9 euros. A comparecencia formal de presentación poderá seguirse en diferido despois no Facebook e na canle de Youtube da propia librería.

Será o cuarto libro editado xa por Peruchela Edicións, unha editorial alternativa de recente creación que aposta por dar a coñecer e apoiar a edición de obras realizadas por creadores e creadoras da contorna.  Trátase dun proxecto de Rocío Rodríguez que naceu en novembro de 2020, e dende aquela xa publicou dous poemarios: “De vida, morte, amor e indiferenza”, de Lin San Mar; e “A vida nas botas”, de Antón Valcarce; e un libro de relatos curtos: “Estamos de conto”, de Pili Sánchez.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...