HomesociedadeO teatro como ferramenta de ‘comunicación e intercambio’ no IES Daviña Rey

O teatro como ferramenta de ‘comunicación e intercambio’ no IES Daviña Rey

O centro de ensino monfortino vén de realizar unha acción formativa para traballar co alumnado a comunicación e o intercambio de opinións e de emocións. Falamos con Francisca Abeledo, a formadora.

Publicado o

- Advertisement -

O IES Francisco Daviña Rey, na súa inquedanza de dotar de ferramentas formativas múltiples e variadas ao seu alumnado, decidiu organizar unha actividade relacionada coa interacción e a comunicación.

Todo xermolou a partir de que a orientadora do centro vira a obra “Teatro e Mulleres” -unha historia do teatro na que se intercalan estereotipos de xénero- que escribiu Francisca Abeledo e que levou a escena o Grupo Teatreiras de Monforte. Este grupo participa nos ciclos de teatro afeccionado que organiza cada ano a Deputación de Lugo, pero o pasado ano pola Covid19 non se puido andar de xira, co cal a obra gravouse en Monforte e despois colgouse na canle de Youtube do organismo provincial. “Así foi como cheguei ao IES Daviña Rey”, di Abeledo.

Así, pois, o punto de partida da formación impartida por Francisca Abeledo, foi o pase da obra do grupo Teatreiras, “Teatro e Mulleres”, que trata, como comentamos, os estereotipos de xénero; e como complemento realizouse unha charla e un obradoiro con dez grupos de traballo do centro.

Na charla abordouse o tema da comunicación e a interacción, ofrecendo argumentos e ferramentas para que o alumnado teña máis facilidade á hora de expresar emocións, de entenderse e interaccionar cos demais. E tamén se lles transmitiu a inquietude por crear, por participar… sen esperar a que nos dean todo feito.

Práticas durante a formación. Foto: IES Daviña Rey

No apartado dos obradoiros, estes consistiron en prácticas de comunicación. Nas prácticas incidiuse na influencia dos estereotipos de xénero na forma de relacionarnos, “xa non só entre homes e mulleres, se non tamén entre persoas en xeral”, di Francisca, e tamén na presenza destes na publicidade cunha marcada notoriedade dos roles de xénero. Os talleres foron adaptados a cada grupo.

Segundo nos conta Francisca Abeledo, “a acollida foi moi boa, quedei sorprendida porque atopei bastante interacción e tamén polas valoracións que me deixaron os alumnos e alumnas, con algunha carta incluso chorei”.

FRANCISCA ABELEDO

Esta monfortina empezou hai anos no mundo da animación sociocultural e pouco a pouco foi formándose no eido teatral.

Ligada ao teatro dende hai máis de vinte anos -foi directora do grupo de teatro afeccionado do Concello de Monforte hai 21 anos- agora forma parte da Asociación Cultural Teatreiras e compaxina cursos e formacións coa dirección de varios grupos de teatro en centros escolares de Monforte e tamén en Chantada, na Casa da Xuventude.

RESERVAS DE PRAZA

Ata o 20 de marzo está aberto o prazo de reserva de praza en ESO e BAC e a partir de xuño poderase realizar a de ciclos de FP -Programas Europeos-.

O IES Daviña Rey é un centro ‘cardio-protexido’, dispón dun desfibrilador e de formación específica do profesorado para o seu uso.

Pódese visitar o centro ou concertar visita previa no teléfono 982 828200.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...