HomesociedadeQuiroga presenta a revista "Feira do Viño, Quiroga 1980-2020"

Quiroga presenta a revista “Feira do Viño, Quiroga 1980-2020”

Coa presentación da revista “Feira do Viño, Quiroga 1980-2020” abríase este luns, 22 de marzo, o programa Lembranzas para recordar a festa máis importante para os quirogueses e que por mor das condicións sanitarias non se poderá celebrar nas súas datas, os días 3 e 4 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa presentación da revista inícianse os actos de Lembranzas da Feira do Viño, que seguirán cunha exposición de botellas dos viños participantes nestes certames, acompañadas dos carteis anunciadores das Feiras. Contarase tamén coa exposición “O fin do Camiño”, a andaina Xeoparque Montañas do Courel, a entrega dos premios do concurso de debuxo infantil “Feira do Viño”, música (o grupo de gaitas local O Recanto, a charanga BB+ e banda de Música Val Miñor) e un espectáculo de animación de rúa,  lembrarán a Feira do Viño de Quiroga.

Na revista que se enviará ás casas de todos os veciños resúmense 40 anos de historia en catro puntos:

  • O inicio en 1980 na praza Maior coa celebración da primeira feira, ou a “Primeira festa do viño e a aguardiente” como se denominou. 
  • Un aceno a todos os viticultores que acudiron a todos estes certames e que se homenaxen na exposición.
  • O pregón, un percorrido por todas aquelas persoas de diferentes eidos pero unidos todos eles polo noso viño. 
  • A importancia do viño no municipio.  O feito de que os viticultores de Quiroga estiveran presentes na creación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de que nestes momentos sexan os maiores produtores de uva de toda a denominación demostra o interese dos  veciños polo viño.

Na presentación da revista o alcalde, Julio Álvarez, dixo que “a Feira do Viño crea historia dentro dos eventos lúdicos e traspasa fronteiras, e como tal non podemos esquecer un evento tan importante a nivel cultural, social e económico para Quiroga como é o viño e a Feira do Viño. Citou a frase do poeta Uxío Novoneyra -primeiro pregoeiro da feira- “Quiroga é un viño”. Algo que corroboran os datos “o 50% da produción de uva da Denominación de Orixe Ribeira Sacra é de Quiroga, dos 17 concellos que conforman a denominación, Quiroga produce o 50%”.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...