HomePolíticaOs socialistas do Incio instan ao goberno local a presentar proxectos nas...

Os socialistas do Incio instan ao goberno local a presentar proxectos nas liñas convocadas pola Xunta

O Psoe do Incio quere que o concello solicite subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugamento social, con carácter plurianual). E as subvencións que a Xunta da aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Grupo Municipal do PSdG-PSOE do Incio instan ó goberno local a que presente proxectos nas liñas de axudas de Augas de Galicia para dotar de abastecemento ós veciños/as do núcleo de Santa Cruz de Oural pertencente á parroquia de Vilademouros. “Ata o de agora dispoñen dunha traída veciñal pero o caudal de auga non é suficiente para cubrir as necesidades da poboación e as instalacións están obsoletas,” sinalan.

O Grupo Municipal do PSdG-PSOE xa se interesou por estas obras no pleno ordinario celebrado en outubro de 2020, e solicitaron que se incorporara na relación de obras a incluír no Plan Único 2021, sen que así se considerara polo goberno popular. “O Goberno local non debe desaproveitar esta liña de axudas, que poden chegar ata os 50.000€, e deste xeito solucionar o problema de abastecemento que sofre este núcleo de Santa Cruz.”

Na liña de axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo, os socialistas demandan que dende o Concello do Incio se presente un proxecto para a mellora e acondicionamento das vivendas municipais baleiras sitas na capitalidade do Incio.  “Unhas vivendas dos anos oitenta, que precisan polo paso do tempo de melloras, entre outras: a substitución do tellado, ventás, así como mellora da eficiencia enerxética destas instalacións. Unha vez executadas as obras, as vivendas poderán alugarse cun fin social a familias interesadas en vivir no noso municipio.”

Tamén demandan desde o PSOE que o Concello do Incio elabore un estudo para analizar as necesidades de infravivenda que existen no termo municipal, e de ser o caso, se xestionen e presenten proxectos para as vivendas que se encontren en mal estado de conservación e os propietarios non dispoñan de recursos económicos para acometer as obras que permitan ter as condicións de habitabilidade.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...