HomesociedadeO Concello de Monforte denega a exención de taxas solicitada polo sindicato...

O Concello de Monforte denega a exención de taxas solicitada polo sindicato USO

Unión Sindical Obrera pedía non cobrarlle aos candidatos que se presentarán ao novo proceso selectivo para cubrir 3 prazas de Policía Local e non o puideron facer na convocatoria anterior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Publicada no BOE a nova convocatoria do Concello de Monforte de Lemos para prover 3 prazas de Policía Local, o sindicato FAC-USO solicitou a exención da taxa para os opositores e opositoras que xa a tiñan aboado no proceso anterior que resultou fallido.

Eses candidatos e candidatas non se puideran presentar por coincidencia de data cunha convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas para os Corpos de Policía Local tramitados pola Academia Galega de Seguridade Pública. Daquela, a petición de cambio de data non foi atendida polo Concello de Monforte.

Recibida a solicitude de exención de pago de taxas remitida polo sindicato USO, o Concello de Monforte pasou o tema a Tesourería Municipal para o seu estudo e ditamen. Á vista da ordenanza fiscal e outras normativas de aplicación o departamento municipal emitiu un informe xurídico comunicando que “non procede declarar a exención de pagamento da Taxa polo concepto de ‘Dereitos de Exame’ para os/as inscritos e inscritas admitidos/as no anterior proceso selectivo”.

Apoiándose no anterior informe, con data 29 de marzo, o Concello decretou denegar a devandita solicitude de exención de taxa.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...