HomePolíticaA veciñanza de Taboada pode solicitar trampas para combater a velutina

A veciñanza de Taboada pode solicitar trampas para combater a velutina

O voceiro socialista en Taboada, Roi Rigueira, anima á veciñanza “a que colabore recollendo as trampas e colocándoas, recomendando que se garden unha vez rematada a época de trampeo para reutilizalas en anos vindeiros”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza de Taboada poderá solicitar no Concello ás trampas para facer fronte a praga da vespa velutina. O Voceiro Socialista lembra que na pasada sesión plenaria do mes de decembro o Grupo Socialista de Taboada impulsou unha iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, “coa que reclamamos a colaboración do Concello para trampear en primavera e eliminar as raíñas, xa que é o método máis eficaz de prevención contra esta especie invasora”. E este ano volvemos a insistir no Pleno do Concello, e agora as veciñas e veciños poderán solicitar as trampas nas dependencias municipais, tal e como xa anunciou nas redes sociais o propio Concello”.

Dende a Agrupación Socialista de Taboada “celebramos esta medida, que chega trala nosa insistencia na importancia de que as administracións colaboren para loitar contra esta especie invasora e tan perxudicial. Por iso dende aquí, animamos á veciñanza a que colabore recollendo as trampas e colocándoas, recomendando que se garden unha vez rematada a época de trampeo para reutilizalas en anos vindeiros”, explicou Rigueira.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...