HomePolíticaO BNG leva ao Parlamento a parálise do parque empresarial de Taboada

O BNG leva ao Parlamento a parálise do parque empresarial de Taboada

A deputada do BNG no Parlamento, Carme Aira, reuniuse con membros do BNG local, visitou o Parque Empresarial e recolleu as demandas da asociación de empresarios (ACIMTA).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado xaneiro deste ano a Xunta anunciaba que “a empresa pública Xestur e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) sacarían á venda en febreiro a totalidade dos terreos que teñen dispoñibles nos seus polígonos industriais, incluídas as novas parcelas do parque empresarial de Taboada.”

Este mes, sen síntomas de que a Xunta cumpra o compromiso, os nacionalistas deciden organizar este encontro, “Existe necesidade de solo industrial e comercial, e este polígono leva paralizado moitos anos. As Administracións non dan pasos firmes cara ao desbloqueo da situación, o que acabará por forzar a marcha de iniciativa empresarial fóra de Taboada, ademais de evitar a chegada de empresas de localidades veciñas” lamentaban os empresarios, que demandan información e actuacións políticas do concello e da Xunta para que se oferte solo no Parque Empresarial.

Carme Aira comprometeuse a rexistrar unha iniciativa no Parlamento galego para demandar solucións e información “perante unha parálise que dura anos e que dificulta o medre do tecido industrial e comercial de Taboada”. Mantendo informada a asociación dos resultados que se acaden. 

O responsable local, Antón Ledo, manifestou que “continuaremos a facer  seguimento desta desafortunada situación para que o Parque Empresarial non volva caer no esquecemento das administracións, e nomeadamente no do Concello”. 

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...