HomeCulturaTeatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

Desde comezos deste mes de outubro desenvólvese un Obradoiro de bordardo, costura creativa e iniciación ao Patchwork nas tardes dos xoves, e os martes e xoves clases de Iniciación de Salsa. Os mércores a cita é co Obradoiro de Traballo Intelectual e os martes reúnense os homes nos encontros, Por que nos xuntamos os homes?

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e variada programación para desenvolver durante os meses de outono. Ademais das disciplinas físicas como pilates, aeróbic e mantemento que se desenvolven durante toda a tempada en Ferreira e nas parroquias; a axenda inclúe numerosas citas teatrais dominicais e proxeccións e concertos programados para as tardes.

Destacan tamén eventos festivos tradicionais moi esperados pola comunidade, tales como o Magosto Popular e a Festa do Samaín. As actividades están deseñadas para fomentar a participación cidadá a través de opcións recreativas e de entretemento.

Na Biblioteca Pública Municipal, Milagros Pardo González, desenvólvense os xoves de outubro e novembro as xornadas, Tardes na Biblioteca.

As representacións teatrais terán lugar no salón de actos da centro sociocultural os domingos, a partir das 18:00h. Comezarán este domingo, 25 de outubro, Lilá Teatro por escena a obra “Entrenomias da Silva”. O 1 de novembro, o grupo Viraventos Teatro interpretará a obra “Hotel Esperanza”. Sr. López Produccións ofrecerá o día 8 de novembro a obra “A vida é soño (ou case)”. O ciclo de teatro péchase o 15 de novembro con Parápano Teatro e a obra “A sala de xogos”.

Nos seguintes domingos tomarán os relevo as citas co cine, mantendo o horario das 18:00h. O 22 de novembro a cita será con Cinema Portuguesa na Ribeira Sacra. O 29 de novembro contarase co filme “Sete Oportunidades” en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Monforte para poñerlle música en vivo. E xa o domingo, 13 de decembro celebrarase o Festival de Curtas Solaneras.

A estas actividades engádense dúas celebracións que contan con gran participación cada ano en Pantón, a Festa do Samaín que se celebrará o sábado, 31 de outubro desde as 17:00h e o Magosto Popular que terá lugar o sábado, 7 de novembro.

ÚLTIMAS

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...

Monforte “tómase a peito” o cancro de mama

Durante toda a mañá, representantes e colaboradores da AECC ofreceron información sobre a actividade...

O colectivo Lemos Le celebra o ‘Día das Bibliotecas’

O colectivo Lemos Le, formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a...