HomeCulturaO Pazo de Tor no Día Internacional dos Museos

O Pazo de Tor no Día Internacional dos Museos

Este martes, 18 de maio, celébrase o Día Internacional dos Museos que no Pazo de Tor de Monforte trancurrirá cunha xornada de mañá titulada "Unha xornada palaciana: pasado, presente e futuro da vida dos pazos galegos. Os casos de Tor e Meirás"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En horario de 10.00 a 14.00 cóntase cun primeiro bloque dedicado á visión histórica da vida palaciana, con Pegerto Saavedra Fernández e Antonio Presedo Garazo.

No segundo bloque dedicado á recuperación pública dun ben patrimonial intervirán Manuel Monge González e Carlos Babío Urkidi.

Completarase a actividade cun terceiro bloque relacionado co pasado inmediato e o presente do Museo Pazo de Tor. Contarase con Ángeles Rivada González, Encarna Lago González, Verónica Fulgencio Fernández, Tar López López e Simón Vicente López.

Efrén Caloto Castro, deputado de Memoria Histórica encargase da presentación desta actividade moderada por Encarna Lago.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...