HomeComarca de SarriaSarriaMorre un traballador tras caer dun tellado en Sarria

Morre un traballador tras caer dun tellado en Sarria

Os servizos de emerxencia non puideron facer nada pola súa vida.

Publicado o

- Advertisement -

Un traballador morreu na mañá deste xoves no municipio lugués de Sarria ao sufrir unha caída desde o tellado dunha casa. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os servizos mobilizados pola central de emerxencias non puideron facer nada pola vida do operario, que faleceu no punto.

Un particular chamou á central do 112 ás 09,30 horas deste xoves solicitando axuda para unha persoa que se precipitou desde o tellado dunha casa situada no lugar de Céltigos, en Sarria.

Ata o lugar mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, cuxos profesionais só puideron certificar o falecemento do traballador.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...