HomeCulturaEste ano non se celebra o Festival do Castro

Este ano non se celebra o Festival do Castro

A celebración estaba prevista para o 18 de agosto pero a Asociación Cultural O Castro decidiu suspendela ao non poder garantir o espírito do evento por falta de apoio económico das administracións.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural O Castro tomaba a decisión de suspender o Festival, por unanimidade en esemblea celebrada o pasado 10 de agosto. O Festival do Castro sempre se caracterizou por ser un evento multicultural e de balde. Segundo a organización, esto contrasta coa actual política cultural da Xunta e da Deputación que  propician eventos de pago e isto materialízase na inexistencia de liñas de axuda nen apoio institucional para eventos como o Festival do Castro e as súas actividades.

A Asociación califica de lamentable ter que padecer as consecuencias do compadreo da adminisrtación con eventos sen tradición nen base cultural e de pago, favorecendo a perda gradual de eventos populares como o do Castro. Co ánimo de garantir boas actuacións e actividades complementarias de balde, desde a Asociación din que loitarán para poder celebrar o Festival no 2019 nas mellores condicións posibles e que o Festival sega sendo de todos.

Público no Festival do Castro / Asociación Cultural O Castro

A Asociación organizadora lembra que o formato do Festival do Castro responde a un evento multicultural e popular con actividades variadas, Mostra de Artesanía, Vermú Gaiteiro, Xantar Popular, Café Concerto, Espectáculos de Tarde con Circo e Maxia, Atardecer no Castro e os Concertos do Festival do Castro. A organización asegura que cada ano se analizan distintas actividades a fin de mellorar a oferta e seguir garantido un Festival de balde para o público, pero este ano e despois de 3  sen o apoio necesario, vense obrigados a cancelar. Piden desculpas polas posibles molestias e aproveitan para agradecer a quenes lles deron o apoio desinteresado nestes 13 anos de Festival. A Asociación remata o comunicado asegurando que o atranco deste ano servirá, sobre todo, para coller máis folgos para o 2019.

ÚLTIMAS

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...

Novo corte da circulación ferroviaria Monforte-Ponferrada tras un problema coa catenaria

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, atópase...

O IES A Pinguela viaxa a Murcia coa Agrupación Nacional de Centros Educativos

O programa, que organiza e financia o Ministerio de Educación, ten como obxectivo sensibilizar...