HomePolíticaAcordo entre os socialistas de Sarria e Camiña Sarria para mellorar as...

Acordo entre os socialistas de Sarria e Camiña Sarria para mellorar as dotacións da vila

O acordo implica a mellora de diversas rúas como a rotonda da rúa Castelao, a rúa Padre Sarmiento, a rúa Rosalía de Castro, a rúa da Igrexa de Oural, a rúa do Barrio da Esperanza, así como o acondicionamento de parte da rúa do Sol e da rúa que vai dende a Estación ata o paso a nivel, entre outras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria Provincial do PSdeG, Patricia Otero e o Secretario de Organización Provincial do PSdeG, Juan Valiño acordaron co grupo municipal Camiña Sarria, investir no Concello o superávit existente nas arcas municipais co fin de facer fronte a varias obras de carácter urxente para o bo funcionamento do Concello de Sarria.

Segundo trasladaron os representantes do Goberno municipal, a débeda do Concello é cero, polo que consideran que poden realizarse estes novos investimentos na vila. Este acordo xa foi informado e enviado por correo postal á toda militancia de Sarria, xa que por mor da pandemia non se poden realizar reunións presenciais con tódolos militantes.

As 10 propostas que propoñen os socialistas de Sarria son proxectos e iniciativas necesarias e moi demandadas pola propia cidadanía. “Obras nas rúas máis afectadas da vila, manter a bonificación do IBI do 95%, a rehabilitación da casa das Arsenias, as melloras na Residencia de Maiores ou os bancos de libros gratuitos son propostas realistas que contribúen a dignificar a vida da xente de Sarria”, argumentou Patricia Otero.

Os novos proxectos que propón o PSdeG no acordo acadado co grupo municipal Camiña Sarria son os seguintes:

  • Inclusión de previsión orzamentaria para a contratación das seguintes obras: Renovación do firme dende a Rotonda da Rúa Castelao ata o Cruce da Ciguñeira, Renovación do firme da Rúa Padre Sarmiento, Renovación firme Rúa Rosalía de Castro, Renovación do firme da Rúa da Igrexa de Oural, da Rúa do Barrio da Esperanza, así como o acondicionamento de parte da Rúa do Sol e da Rúa que vai dende a Estación de Servizo ata o Paso a Nivel; Adecuación inmediata de todos os recintos deportivos, Xograr, José Mario e a reparación urxente da cuberta do polideportivo da Rúa Castelao.
  • Manter a bonificación do IBI do 95% para as construcións rurais, para mitigar o catastrazo e continuarase a tramitación da revisión catastral en todo o Concello, rural e urbán.
  • Incluír previsión orzamentaria para a execución do proxecto para a rehabilitación completa da Casa das Arsenias, na Rúa Maior, para o seu uso e posta en valor, fomentando a vivenda para os nosos mozos e mozas, con carácter provisional e cun máximo de tempo de ocupación.
  • Incluir previsión orzamentaria para renovar a cuberta da Residencia de Maiores de Sarria, así como a dotación precisa para o seu adecuado funcionamento a nivel  asistencial, e a súa adecuada xestión.
  • Demandar á Xunta de Galicia, de modo continuado, a creación dunha gardería pública en Sarria.
  • Faranse acordos cos centros de ensino para o acceso gratuito a bancos de libros de  texto.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...