HomesociedadeRec@rga, a empresa eco do alumnado do IES A Pinguela

Rec@rga, a empresa eco do alumnado do IES A Pinguela

A miniempresa Rec@rga que impulsa o alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES A Pinguela instala o seu primeiro equipo de carga de baterías electricas no centro a partir de placas fotovoltaicas que situaron no tellado do edificio anexo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Dentro do proxecto Lanzadeiras deste ano o IES A Pinguela apostou por xerar a miniempresa que define os seus obxectivos mesturando a palabra recarga que identifica a idea de negocio da empresa así como a de eco, que tenta de difundir a súa filosofía ecolóxica.

O proxecto está coordinado polo profesor Adrián Blanco, e colaboran María
Gamallo e José Pino. A idea baséase nos puntos de recarga de dispositivos que hai nos centros comerciais, pero neste caso poñéndolle un punto eco, co fin de que ese punto de recarga sexa atendido 100% con enerxía solar, permitindo que a comunidade educativa poida cargar os seus móviles, bicicletas ou patíns eléctricos.

Rec@rga encargaríase do deseño, instalación e mantemento dos diferentes puntos de recarga, configurando un sistema de seguimento e control remoto para xestionar avarías ou actualizacións do sistema. Asemade na sección web poderanse amosar os distintos produtos ao exterior, tentando atraer clientes e realizar calquera tipo de soporte, esta web está dispoñible en  https://informaticapinguela.net/recarga/

O centro agradece a implicación da empresa Ecogal Renovables, afincada no Saviñao, que lles ofreceu o seu coñecemento e colaboración para
implantar correctamente as placas e sacarlles o máximo partido, ademais de subministrar os distintos compoñentes.

Rec@rga / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...