HomesociedadeEntrega de vivenda de promoción pública en alugueiro en Pantón

Entrega de vivenda de promoción pública en alugueiro en Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega de chaves aos novos adxudicatarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo entrega hoxe, 23 de xuño, dunha vivenda de promoción pública situada en Ferreira de Pantón. Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, estivo presente no momento da entrega de chaves protocolaria aos beneficiarios da mesma.

A vivenda adxudícase en réxime de alugueiro e dispón dunha superficie de 85,4 metros cadrados; conta con tres dormitorios e tamén con rocho e garaxe. Forma parte dun edificio rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, no que se acondicionaron oito pisos de promoción oficial. Na actualidade, están todos ocupados.

Arias lembrou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes, xestión que pode facerse de xeito telemático en calquera momento, para seren incluídos nos sorteos de vivendas no ámbito territorial demandado. Á súa vez, o rexistro permite coñecer a demanda real de vivenda protexida que existe en cada concello.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...