HomeMovementos sociaisO "espolio eólico" une a centos de asociacións galegas nun movemento social...

O “espolio eólico” une a centos de asociacións galegas nun movemento social apartidista

"Eiquí Eólicos Non" vén de anunciar nas súas redes sociais que pon a disposición da poboación dos concellos afectados unha rede de establecementos onde achegarse a asinar alegacións, en Quiroga, Folgoso, A Rua ou O Barco de Valdeorras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Parque Eólico de Barxas -que afectaría gravemente os concellos de Barxas, Oencia, Trabadelo e Veiga de Valcarce (León), O Barco de Valdeorras, Petín e Vilamartín de Valdeorras, Larouco, Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense), e Folgoso do Courel e Quiroga (Lugo)-  pretende instalar 22 aeroxeradores de 121 MW  así como unha infraestrutura de evacuación de 53 km. O proxecto do Parque Eólico de Busmaior afecta concellos limítrofes coa administración galega como Oencia, Trabadelo ou Barxas. 

Nestas alegacións adúcense diferentes razóns contrarias ás instalacións industriais eólicas:

  • Que as instalacións terán danos irreversíbeis  no patrimonio paisaxístico e cultural das zonas nas que se sitúa, e, á súa vez, incidirá directamente nunha das áreas de desenvolvemento económico máis importante para boa parte da  súa poboación, o turismo. 
  • Que se producirán danos e prexuízos irreparables na Rede Natura 2000 e, polo tanto, en diferentes Zonas de Especial Conservación.
  • Que a instalación dos aeroxeneradores, así como a infraestrutura de evacuación  tamén suporán un impacto para a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Navia, considerada como unha área de gran valor ambiental, e da futura reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Iribio e Courel.
  • Que o proxecto carece dunha avaliación do impacto socioeconómico que causará sobre as explotacións forestais e madereiras da área afectada, e sobre as explotacións de cultivo de viñedos e soutos nos territorios afectados.

A “Plataforma Eiquí Eolicos Non” ten como obxectivo reunir centos de alegacións e visibilizar a oposición cidadá á instalación da industria eólica en territorios sensibles, que se verían afectados de forma irreversíble pola implantación de muíños de 200 metros de altura (tres veces a catedral de Santiago) e unhas liñas de evacuación eléctrica que atravesarían soutos e viñedos.

“Eiquí Eólicos Non”, através das súas redes sociais, como a páxina de facebook Courel Livre de Eólicos, acompaña a recollida de alegacións con outras actividades de información e sensibilización, como a serie de vídeos da campaña #retoantiespolioeolico onde numerosas persoas e organizacións se comprometen a loitar contra a “invasión eólica”.

A Plataforma informa de que cada día se suman máis persoas aos grupos e comisións de traballo organizativo e que esta loita colle máis enerxía colectiva a cada paso. A indignación crece a medida que a poboación recibe información de como  afectarían os muíños e as redes de alta tensión os territorios afectados.

“Eiquí Eólicos Non” advirte que o espolio eólico é unha agresión que está a orixinar que centos de asociacións de toda Galicia estean a se organizar nun movemento social apartidista que reúne veciños e veciñas que defenden a súa forma de vida e o patrimonio colectivo, en defensa dun rural activo, sustentábel e con futuro.

A “Plataforma Eiquí Eolicos Non” está composta por colectivos como a Asociación A Volta Grande do Courel, Asociación a Fonte do Milagro, Asociación Veciñal e Cultural de Vieiros, Pía Paxaro, Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel, Comunidade de Montes de Órreos, Asociación Galega de Custodia do Territorio, Colectivo Arte Lixo, Asociacion de Indignados de Xestoso ante os abusos medioambientais, Outonía s.coop, Plataforma vecinal Rural Sostenible e a Asociación Cuidemos a Terra. En conxunto fan esta chamada á poboación para asinar alegacións contra os Parques Eólicos de Barxas e Busmaior.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...