HomesociedadePara agosto xa se reservaron o 85% das prazas nos catamaráns da...

Para agosto xa se reservaron o 85% das prazas nos catamaráns da Ribeira Sacra

A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informa de que a día de hoxe, está cuberto practicamente o 85% das prazas dispoñibles para facer as rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As dúas rutas que o organismo provincial ofrece polos leitos dos ríos Miño e Sil xa rexistraron máis de 10.000 viaxeiros -máis de 8.000 persoas segundo os rexistros do embarcadoiro de Ponte do Sil e por riba dos 2.000 no de Belesar- dende que arrancou a presente tempada no mes de marzo, “o que dá boa conta do retorno económico que ten esta oferta turística, sobre todo no sector servizos”.

A Deputada explicou que “desde que comezou este mes de xullo cambiou totalmente o perfil do visitante. Se antes era maioritariamente galego, agora é sobre todo de fóra de Galicia. Nun 80% son viaxeiros do resto de España, pero aínda temos pouca representación de turista internacional”.

García Porto comentou que “outra boa nova deste mes é que o servizo de catamaráns da Deputación de Lugo recuperou as viaxes en grupo. Reservas de 30 ou 40 persoas que completan dunha vez a metade das prazas dunha das embarcacións”.

“Levamos tempo traballando para consolidar un modelo de turismo sostible, de calidade, que promove un fluxo de visitantes ó longo de todo o ano, que pon en valor o patrimonio e que crea emprego no rural, e dende logo, o servizo público de rutas en catamarán pola Ribeira Sacra é unha parte central deste traballo e deste modelo de turismo, como o son tamén outras iniciativas que impulsamos dende a área de Turismo, como, por exemplo, o programa Coñece a túa Provincia, viaxes gratuítas pola provincia para entidades sen ánimo de lucro, para as que temos aberta a inscrición ata o final deste mes”, lembrou García Porto.

Reservas e horarios

Ata finais de ano, as persoas interesadas en coñecer a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación de Lugo poden acceder á web reservas.rutasembalses.es, ou ben contactar no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.orgou no teléfono 982.260.196 en horario de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas.

En xuño, xullo, agosto, e ata o 12 de setembro haberá rutas de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 12 de setembro e ata a Ponte de decembro pasarán a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...