O II Festival Científico de Galicia, promovido pola Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica conta nesta ocasión co apoio do Concello da Pobra do Brollón, da Asociación Veciñal ‘María Castaña’ de Cereixa, e do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa.
Durante o sábado e o domingo haberá na capital do municipio e nas parroquias de Cereixa e Vilachá de Salvadur unha serie de conferencias e actividades de divulgación a cargo dos coñecidos neurocientíficos Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, da investigadora e divulgadora Luisa Martínez Lorenzo e do físico Dosi Veiga, entre outros. As xornadas inscríbense por outro lado nos actos conmemorativos do bicentenario do antigo municipio de Cereixa.
SÁBADO 17 DE XULLO
Mañá
10:30-13:30 h. Praza da Condesa no casco vello da Pobra do Brollón.
Benvida do alcalde Xosé Lois Maceda e interveñen:
-Casto Rivadulla: A que cheiran as cores?
-Luísa Martínez: Puf vaia peido.
-Xurxo Mariño: Reflexión sobre a linguaxe humana.
-Xurxo Ayán: Onde as rúas non teñen nome.
-José Arcas: Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles.
Tarde
16:00-17:30 h. Os Carballos, Cereixa
Xurxo Ayán: Na procura do templo perdido.
17:30-19:00 h. Lamas, Cereixa
Nieves Vidal: Árbores e camiños.
Claudio Rodríguez Fer: Recital, A poesía das árbores da vida.
19:30 h. Castro de San Lourenzo, Cereixa
Visita guiada ás escavacións arqueolóxicas.
-Los Costaleros del Día Anterior: Foliada Científica.
-Elemental: un espectáculo de Manuel Vicente (divulgador), César Goldi (actor) e Juanjo Fernández (pianista) [Elemental é un espectáculo que forma parte dos contidos do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.]
-Dosi Veiga: O Ceo dos Lemavos.
DOMINGO 18 DE XULLO
11:00-13.30 h. Área recreativa de Samugueiros
Ciencia peregrina: arqueoloxía medieval no Camiño de Inverno.
Vermú científico con:
-Luísa Martínez: Xogo Síguelle a pista ao CSIC.
-Casto Rivadulla: O gusto está sobrevalorado. Adestra o olfato.
-Manuel Vicente e Leonor Parcero: Escoita-Cata de Radio Científica.
-Ángel Vidal: ExpHerimentando: limóns, arte e gastronomía molecular.
-Luísa Martínez: Achegamento á fauna mariña papando mexillóns ao vapor.
Tarde
16:30-19:30 h. Vilachá de Salvadur.
-Miradoiro de A Capela: Xurxo Ayán, A Ribeira Sacra: mito, ciencia e comunidade.
-Adegas de Vilachá: petiscos, música e viño.