HomesociedadeOs museos e a oficina de turismo de Quiroga amplían horarios

Os museos e a oficina de turismo de Quiroga amplían horarios

A oficina de Turismo e os Museos Xeolóxico e Etnográfico de Quiroga contarán durante estes meses de verán cun amplo horario de atención ao público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A oficina de turismo abrirá dende este luns en horario de mañá dende as 10:00 ata as 14:00 h; e pola tarde dende ás 17:00 ata as 20:00 para atender a todas aquelas persoas que demanden información sobre o noso municipio, sobre a comarca e sobre toda a Ribeira Sacra.

En canto aos museos, tanto o museo Xeolóxico como o Etnográfico abrirán dende as 10:00 ata as 14:00 h. Polas tardes o museo Xeolóxico abrirá de 17:00 a 18:30 e o Museo Etnográfico de 18:30 ata as 20:00 h.

Exposición de maquetas no Museo Etnográfico / XdL

As fins de semana e festivos o horario de atención ao público será en horario de mañá de 10:00 a 13:00 h. Tanto para a oficina de Turismo como para os museos.

Ademais os Museo Xeolóxico realizou uns marca páxinas cos que obsequiará a todos os visitantes, tanto deste museo como do etnográfico e da oficina de turismo, que inclúen os códigos QR do museo, do concello de Quiroga e do Xeoparque Montañas do Courel. Este código levará directamente a toda a información que se recolle na súas páxinas oficiais. Ademais, no reverso dos marcapáxinas pódese ver unha táboa do tempo xeolóxico cos seus distintos períodos.

ÚLTIMAS

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...