Homesociedade'Aula Ricardo Rodicio' na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

O luns 19 de outubro tivo lugar o acto no que se colocou a placa que bautiza unha aula co nome do que fora concelleiro de Cultura e tenente de alcalde da Pobra do Brollón dende 2011 ata 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende este pasado luns o nome de Ricardo Rodicio, veciño que foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde da Pobra do Brollón dende 2011 ata 2025, ano no que tristemente faleceu de xeito prematuro.

Segundo indican dende o concello, Ricardo “amosou sempre unha disposición especial para o fomento e impulso da música tradicional galega e da Escola de Música Samoeiro, da que tamén foi alumno”. E como recoñecemento a este gran labor e compromiso, no Pleno municipal do 17 de outubro de 2025 aprobouse outorgar o seu nome a unha das aulas da Escola.

Xosé Lois Maceda comezando o acto. Foto: Concello da Pobra do Brollón.

No emotivo acto celebrado estiveron presentes familia, amizades, compañeiros do Concello e da propia clase de música. Comezou cunhas palabras do alcalde Xosé Lois Maceda, compañeiro e amigo de Rodicio, e rematou cunha peza de pandeireta, tocada e cantada por algúns alumnos da Escola pola que tanto traballou e que tanto desfrutou Ricardo Rodicio.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...