HomesociedadePunto de atención administrativa Covid na estación de autobuses de Monforte

Punto de atención administrativa Covid na estación de autobuses de Monforte

O punto de atención administrativa covid-19 posto en marcha pola Consellería de Sanidade en Monforte de Lemos atendeu nos primeiros catro días de funcionamento máis de 400 consultas cidadás, o 45% delas para obter o certificado de vacinación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo comezou a prestarse o pasado luns no centro de saúde cunha acollida “extraordinaria”, e considérase que na nova ubicación da estación de autobuses “será aínda máis funcional e resolutivo”. Tamén se está a acondicionar a antiga cafetería da estación, onde se realizarán a partir deste sábado os test de antíxenos que se viñan efectuando nunha unidade móbil.

Nestes días, ademais dos 182 certificados de vacinación expedidos, no servizo atenderon 103 consultas relacionadas coas aplicacións Sergas Móvil e E-Saúde e 98 relativas á Chave 365, entre outras.

Javier Arias salientou a rápida actuación e a máxima coordinación entre as consellerías de Sanidade e Mobilidade e Infraestruturas á hora de buscar un local adecuado para acoller tanto a oficina para atención administrativa como o punto de realización de test de detección rápidos. No mesmo sentido, indicou que tamén en maio as consellerías de Sanidade e Educación coordinaron coa máxima celeridade a instalación do punto de vacinación no antigo colexio do Sagrado Corazón de Monforte.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...