HomesociedadeSaídas de vía e rebentóns polo mal estado dunha estrada en Samos

Saídas de vía e rebentóns polo mal estado dunha estrada en Samos

A veciñanza de Portela de Louzara (Samos), presenta una reclamación ante o Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo polo que consideran un trato discriminatorio do Concello de Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza que subscribe a queixa asegura que a aldea de Portelo de Louzara padece un “abandono total polo Concello de Samos.” Consideran os afectados que a administración local non cumpre as súas funcións con respecto ó mantemento e limpeza adecuada da estrada que comeza no km19,200 da LU -P -5601.

Ao abandono do firme da estrada súmase a falta de limpeza da maleza ou da neve cando chega o inverno, xa que este núcleo de poboación está a 1.200 metros de altura.

Asegura a veciñanza que presenta a queixa, que estas carencias foron ditas de palabra ao alcalde, e tamén por escrito, presentado no rexistro o día 18 de Xaneiro de 2021. Segundo as persoas afectadas, o alcalde contestoulles de maneira informal que non pensaba facer nada ó respecto; o que aseguran infrinxe a lei 7/1985 do 2 de abril da RBRL.

Estes veciños afirman sentirse deprotexidos e abandonados porque o mal estado desta vía xa ten provocado varias saídas de vía e 8 rebentóns, entre outras avarías e seguen sen ter solucións.

Situación da estrada LU -P–5601 / IG

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...