HomeCulturaO Meco aparece na Ermida, para sorpresa dos veciños

O Meco aparece na Ermida, para sorpresa dos veciños

Foi este pasado mércores 8 de setembro, día grande da Festa da Virxe dos Remedios na parroquia da Ermida, en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A figura do Meco é protagonista na Romaría da Virxe dos Remedios da parroquia quiroguesa da Ermida cada ano por estas datas, concretamente os días 8 e 9 de setembro.

Segundo nos conta Amparo Montenegro, presidenta da Asociación Souto do Val, “este ano preguntouse á veciñanza 15-20 días antes se querían que se fixese a procesión do Meco e as Pampórnigas e ninguén se pronunciaba claramente…”. Así as cousas, e vendo a situación actual, moi semellante á do ano pasado en canto a riscos pola situación sanitaria derivada da Covid19, decidiuse non facela.

Por decisión do cura mantívose a procesión pola mañá pero sen feligreses. Neste caso fíxose procesión coa xente imprescindible para acompañar á Virxe dos Remedios manténdose os feligreses á espera no adro da Igrexa da Ermida.

Mais a sorpresa chegou pola tarde cando de forma inesperada e sorpresiva apareceu o Meco polas rúas da Ermida. A decisión, segundo conta Amparo, presidenta da asociación que organiza cada ano a celebración, tomouse para manter a tradición e de forma controlada e responsable sabendo que non anunciándoo nin pregonándoo moito podería saír o Meco para ledicia da veciñanza e sen crear aglomeracións de xente.

MANTER A TRADICIÓN EN TEMPOS DE PANDEMIA

Así, pois, a figura do Meco paseou polas rúas da Ermida acompañado dalgúns veciños e tamén dun grupo tradicional que amenizou a súa presenza. A continuación, tamén houbo outra actividade festiva, controlada e sen riscos sanitarios, que foi un pasarrúas e posterior actuación no campo da festa da Charanga Louband. Esta actuación estaba financiada pola Deputación de Lugo.

Amparo Montenegro: “estivo ben ter algo para que se soubera que hai festa… e máis cando hai xente que pensa que se vai perder todo e que non vai volver nunca…”

Aínda que de forma sorpresiva e non anunciada, o Meco estivo presente na Ermida e segundo Amparo “estivo ben ter algo para que se soubera que hai festa… e máis cando hai xente que pensa que se vai perder todo e que non vai volver nunca…”.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...