HomePolíticaO BNG do Incio entrega sinaturas contra o Parque Eólico da Boibela

O BNG do Incio entrega sinaturas contra o Parque Eólico da Boibela

Carme Aira explica que “A pervivencia do concello depende de que nel se instale poboación, que se xere un tecido socioeconómico en torno a actividades de respecto ao medio que atraian turismo de calidade, o cal é incompatibel cos eólicos. Está estudado e demostrado que eólico é igual a desertización".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG do Incio asistiu a varias xuntanzas con persoas particulares e colectivos de defensa do territorio, para avaliar o impacto dun proxecto eólico. Os nacionalistas do Incio cren que cómpre facer públicos os datos obxectivos do que “estaba proxectado” e durante semanas recolleron sinaturas que veñen de presentar. Fixérono cunha campaña na que se solicita ao alcalde unha posición clara e pública do Goberno Municipal en contra do Parque Eólico da Boibela que se proxecta na zona máis agreste e conservada do municipio.

A deputada nacionalista do Incio, Carme Aira e o responsable local José Moscoso fixeron entrega de case 100 sinaturas que avalan un escrito no que se relatan os danos patrimoniais dunha zona aínda sen catalogar na súa totalidade. “A instalación do parque non respecta ningún elemento protexido polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, nin os monumentos histórico-artísticos ou BIC,” asegura o BNG.

José Moscoso comenta que “As pequenas iniciativas son as que nos traerán futuro, por isto é fundamental rexeitar empresas que deterioren o medio, é inmprescendible que esa alcaldía se manifeste en contra publicamente deste tipo de empresas ou de outras similares que no futuro queiran instalarse.”

Eólicos O Faro / XdL

Dende o BNG celebran as declaracións do alcalde a favor do patrimonio que cualifican de “morno”, polo que insisten en pedir ao Goberno Municipal un posicionamento público, claro e rotundo en contra do citado Parque e que veña acompañado das “medidas necesarias para evitar o que podería ser o maior atentado histórico natural do noso concello, ademais de lembrar que foi a recente declaración de Reserva da Biosfera que parece as parece ter propiciado, e non tanto o soberano posicionamento dun goberno municipal que debe protexer a xente e o territori,” conclúe o BNG.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...