HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela, mariñeiros por un día

Alumnado do IES A Pinguela, mariñeiros por un día

"Mariñeiros por un día: o mar nun clic", un programa educativo e divulgativo para escolares que organiza a cofraría de Celeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de 1º ESO do IES A Pinguela vén de viaxar ao porto de Celeiro para participar no programa Mariñeiros por un día: o mar nun clic”, un programa educativo e divulgativo para escolares que organiza a cofraría desa localidade para escolares co obxecto de aproximar a xente nova ó mundo do mar e dos produtos pesqueiros.

Coñeceron como funciona a lonxa, e fixeron un percorrido polas instalacións con explicación sobre o seu funcionamento, as especies capturadas pola frota de Celeiro, recoñecemento da merluza do pincho da de volanta, os barcos pesqueiros, a pesca sostible e simulación dunha poxa. Tamén visitaron o taller do pescador da Cofraría de Celeiro, onde fixeron un repaso de todo o que aprenderon na xornada, con especial atención ás
diferentes artes de pesca, os nós mariñeiros, os anzois, os produtos pesqueiros e o coidado do medio mariño.

Remataron a xornada cun menú a base de produtos do mar nun restaurante local e aproveitaron para coñecer a fermosa vila de Viveiro.


Mariñeiros por un día / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...