HomeCultura"Mulleres da Vila" protagonizan o Día da Muller Rural en Quiroga

“Mulleres da Vila” protagonizan o Día da Muller Rural en Quiroga

O Concello de Quiroga celebra este venres o Día da Muller Rural cunha exposición de fotos de varias mulleres emprendedoras da vila quiroguesa. Trátase dun proxecto fotográfico denominado “Mulleres da Vila” que se realizou dende o Centro de Información á Muller.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quince foron as mulleres empresarias que participaron na elaboración desta reportaxe fotográfica que quedará na súa propiedade. O proxecto, que pretende visibilizar ás mulleres emprendedoras e empresarias do municipio como recoñecemento a ese plus de valentía que ten o iniciar negocios en lugares pequenos – como remarcan dende o CIM- presentarase coincidindo co Día da Muller Rural. A presentación terá lugar na sala de exposicións Manuel María, a partir das seis da tarde.

O Centro de Información á Muller tamén ten organizada outra actividade para este mes de outubro, trátase da andaina solidaria contra o cancro de mama que realizan en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro. A andaina solidaria partirá dende as inmediacións do Auditorio Municipal para recorrer o paseo fluvial do río Quiroga e rematar novamente no punto de partida.

Ao inicio da andaina o día 19 de outubro, ás 17:00H. recolleranse donativos e poñeranse á venda camisetas solidarias para recadar fondos que se entregarán a AECC na súa sede de Lugo.

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...