Homesociedade4.000 persoas ao mes usan o bus urbano de Monforte

4.000 persoas ao mes usan o bus urbano de Monforte

En números absolutos, mentres que en 2019 foron 14.422 os usuarios, en 2020 ascenderon ata 34.665, o que supón 20.233 persoas máis que en 2019. E en 2021, con respecto a 2019, son 23.128 usuarios máis, sen contar os tres meses que restan para finalizar o ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A media mensual neste 2021 supera ás 4.000 persoas ó mes, polo que a previsión é rebasar a finais de ano os 50.000 usuarios, se se manteñen esas cifras como sinala o Alcalde. O novo bus urbano gratuíto de Monforte transportou, en 2020, un 240% máis de persoas que en 2019, e a finais de 2021, suporá o 346% máis de viaxeiros, “o que significa todo un éxito para este servizo de trasporte público municipal dende que comezou a funcionar cun novo vehículo e de xeito gratuíto en febreiro de 2020”.

Desglose de usuarios

Segundo datos facilitados pola empresa concesionaria do servizo, por meses, o número de usuarios en 2021 foi o seguinte:

MesNúmero de viaxeiros
Xaneiro3.209
Febreiro3.729
Marzo4.189
Abril4.297
Maio4.667
Xuño4.395
Xullo4.179
Agosto4.280
Setembro4.605
Total37.550

O rexedor monfortino destaca que “a tenor destes datos, dende o inicio da posta en funcionamento do novo Bus Urbano, este tivo unha excelente acollida por parte dos cidadáns, alcanzando cifras moi elevadas de uso.

“Os excelentes datos de usuarios permítennos afirmar que este  novo autobús de transporte municipal público e gratuíto está a cumprir co fin social para o que foi ideado. Para o Equipo de Goberno de Monforte, o fomento do transporte público forma parte esencial das políticas sociais do goberno municipal”, sinala o alcalde.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...