HomeCulturaA Aldea Modelo de Trascastro achégase ao IES A Pinguela

A Aldea Modelo de Trascastro achégase ao IES A Pinguela

Adrián Armesto Pérez, xerente da Aldea Modelo de Trascastro no Incio, vén de impartir unha interesante conferencia sobre a importancia de emprender e de facelo no rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asistiron os alumnos de 1º curso dos ciclos medios e superiores de Administración e de Informática. Adrián explicou os sistemas de seguimento por GPS das súas vacas cachenas, falou tamén da importancia de producir en ecolóxico en extensivo e de investir nas razas autóctonas de Galicia.

Non tivo máis que eloxios para o proxecto Aldeas Modelo que promove a Consellería de Agricultura e achegouse ás axudas que se poden obter para emprender. Esta interesante comunicación promoveuna a Aula de emprendemento do IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...