HomesociedadeA CIG Saúde denuncia o abandono da atención primaria no sur da...

A CIG Saúde denuncia o abandono da atención primaria no sur da provincia

Segundo o sindicato, o distrito de Monforte leva anos sufrindo a amortización de prazas de médicos de Atención primaria, concretamente 8, e apuntan que próximamente poderían chegar a ser 14.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG Saúde asegura que ata o momento perdéronse as seguintes prazas:

  • C.S de Monforte             2 prazas
  • C.S.de Pobra                    1 praza
  • C.S. de Sober                   1 praza
  • C.S. O Saviñao                 1 praza
  • C.S. A Barrela                  1 praza
  • C.S de Chantada             1 praza
  • C.S. de Pantón                 1 praza

Segundo o sindicato, ao anterior engádese que no C.S. de Monforte “hai 2 facultativos que están pedindo prórroga, pero é moi posible que o ano que ven, se xubilen tamén.” Afirman que no PAC de Monforte marchan dous facultativos de traslado e no de Chantada un.

Afirman desde a CIG Saúde que estarán moi pendentes do que acontece coa praza da médica que marcha de Pantón, caso no que o xerente da EOXI comprometeuse co alcalde a que esa praza cubriríase.

“O sr. Feijoo alardea nos medios de potenciación da Atención Primaria, polo que podemos ver a súa especialidade é amortizar prazas de médicos de familia e desmantelar centros de saúde,” sinalan desde o sindicato. Polo que piden que se deixen de amortizar prazas e se cubran todas as prazas de falcultativos e demais persoal dos centros de saúde.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...