HomesociedadeIV edición dos premios Son Muller

IV edición dos premios Son Muller

Son Muller, organizado por AELU, Asociación de mulleres empesarias da provincia de Lugo, reparte 4.500 eutros en premios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes premios, que contan coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e ABANCA renden homenaxe ás mulleres emprendedoras, empresarias e empresarias rurais. As premiadas de cada categoría contarán cun exemplar da matrioskiña galega (icono que representa estes premios) e un ano de cotas gratis como socias de AELU. 

Os primeiros teñen, a maiores, unha dotación económica de 1000 euros en cada categoría e os segundos de 500 euros. Establécense as seguintes categorías:

  • Son emprendendora 2021. Para a emprendedora lucense, cun proxecto empresarial cuxa actividade económica leve en marcha un período máximo de 42 meses. Considerarase data de inicio da actividade empresarial a que figure no Modelo 036. Criterios de avaliación: Currículo da emprendedora, Gran espírito emprendedor, Creatividade e innovación, Grao de definición do produto ou servizo, Orixinalidade e sector emerxente, Creación de emprego feminino e taxa de emprego feminina.
  • Son empresaria 2021. Para a empresaria destacada no ano 2021 da provincia de Lugo. Antigüidade de mínimo de 42 meses e un día. Criterios de avaliación: Currículo con amplía experiencia empresarial, Valoraranse plans de conciliación de vida persoal e profesional, Fomento da igualdade, Valorarase a proxección de crecemento nacional ou internacional, Creatividade e innovación, Creación de emprego feminino e taxa de emprego feminina.
  • Son empresaria rural 2021. Para a empresaria rural destacada no ano 2021 da provincia de Lugo. Promotora de proxectos orixinais e innovadores de mulleres rurais, baseados en actividades agrarias e complementarias, así como en actividades agroalimentarias, turísticas, industriais, ou que fomenten a diversificación da actividade económica e que promovan e impulsen o emprendemento das mulleres no territorio rural, así como actividades ou actuacións que recoñezan a súa laborno medio rural, da provincia de Lugo

Tamén se dará un recoñecemento especial a unha muller referente en Lugo, cun papel destacado no eido empresarial e social. Neste caso as participantes deberán presentar: Datos identificativos da empresa e breve CV da emprendedora ou empresaria que participan no proxecto, Copia do Modelo 036 da Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o inicio da actividade debidamente selado, Memoria explicativa do proxecto ou actividade económica,

As gañadoras daranse cita na gala especial que se celebrará o día 29 de decembro do MIHL ás 18:00 horas. 

O prazo de candidaturas permanecerá aberto ata o 25 de decembro. As persoas que desexen participar deberán remitir a documentación que se indica nas bases e o formulario de inscripción debidamente cuberto. Poden descargarse nesta páxina web. E solicitar máis información se o precisan no teléfono: 982.22.69.91

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...