Homesociedade81.000€ da Deputación no Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

81.000€ da Deputación no Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Deputación Provincial asinan un convenio de colaboración a través do que a institución provincial aportará a esta entidade 81.000€ en dúas anualidades (2021 e 2022) co fin de sacar adiante o Plan de Sostibilidade Turística.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta axuda económica supón o 40,5% da aportación que deben facer os concellos, que asumen 200.000€ do total de 2M€ do proxecto. Deste xeito, ademais de apoiar o turismo, con esta colaboración, a institución provincial tamén coopera cos concellos.

Este paquete de medidas, que mellorará os servizos turísticos da Ribeira Sacra dun xeito integral, recolle actuacións para mellorar a mobilidade, fomentar os transportes sostibles, apostar polas rutas vinícolas e de sendeirismo, recuperar espazos naturais ou accións formativas.

Son un total de 38 liñas de actuación para abordar nas vindeiras anualidades. O plan desenvolverase en tres anos e, entre os obxectivos, está propiciar a inclusión da Ribeira Sacra no club de produto turístico Rutas del Vino de España.

Esta achega da Deputación de Lugo súmase a outras axudas que con carácter ordinario veñen recibindo os concellos a través do Plan Único. Os 13 concellos da Ribeira Sacra lucense reciben da Deputación de Lugo a través do Plan Único un total de 4,3M€, o que supón unha aportación provincial superior ca que reciben noutras provincias.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...