HomeMedio ambiente e PatrimonioSarria dá a coñecer o seu ‘Plan de acción para o clima...

Sarria dá a coñecer o seu ‘Plan de acción para o clima e a enerxía sostible’

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu axudas ao Concello de Sarria o pasado ano para a redacción de plans de acción para o clima e a enerxía sostible (Paces) co obxectivo de loitar contra o cambio climático. Agora dá a coñecer o documento e os detalles da adxudicación á empresa que se encargou de elaborar o documento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía consiste no compromiso dos concellos asinantes de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable. Para acadar estes obxectivos o compromiso pasa por traballar na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumentar a resiliencia fronte a este, así como incrementar a cooperación coas autoridades locais e rexionais semellantes na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sustentable e alcanzable.

Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao Pacto –o concello de Sarria é un deles– comprométense a redactar un Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), nun prazo máximo de dous anos desde a data de adhesión.

Cumprindo os compromisos adquiridos, o Concello de Sarria licitou e contratou o pasado 2021 unha asistencia técnica para a elaboración do devandito plan, documento que veñen de poñer a disposición de tódolos cidadáns interesados.

Resultou adxudicataria do contrato a entidade Flinq Ingeniería, S.L., que realizou a prestación polo prezo de 8.621,25 €, IVE engadido.
A actuación realizada foi subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro do disposto na Orde do 26/01/2021, pola que se estableceron as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Covenant of Mayors for Climate & Energy

O 15 de outubro de 2015, a Comisión Europea lanzou o Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable (Covenant of Mayors for Climate & Energy), fusionando as iniciativas anteriores. Esta nova ferramenta pretende reunir os alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...