HomesociedadeMáis de medio cento de rapaces atendidos na Unidade de Atención Temperá

Máis de medio cento de rapaces atendidos na Unidade de Atención Temperá

O que comezou sendo un centro para a atención dos nenos dos concellos da comarca de Quiroga é xa un referente na zona sur da provincia de Lugo e dá servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En pouco máis dun ano, dende a súa posta en marcha en setembro do 2020 (cunha achega de 12.296 € da Xunta de Galicia), non só se triplicou o número de concellos que se adheriron a este servizo se non que conta cunhas novas instalacións -creadas especificamente para esta atención- e duplicou o seu cadro de persoal. Tamén se incrementaron considerablemente as achegas da Xunta de Galicia para este servizo que no 2021 foron de máis de 100.000 €.

Ademais creouse unha delegación no concello do Saviñao, para facilitar a atención dos menores reducindo o desprazamento dos usuarios desta zona. Segundo a concelleira de servizos sociais do Concello de Quiroga, Loli Sánchez, con esta delegación incrementouse o número de nenos atendidos na zona occidental do distrito comarcal de Monforte.

Na Unidade de Atención Temperá, que serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, contase con dous psicólogos, dous logopedas, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A atención neste servizo, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-,  é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo para que os informen de cal é o proceso a seguir.

Ademais, nesta unidade poden facer prácticas os alumnos da Universidade Internacional da Rioja (UNIR) coa que se asinou un convenio de cooperación. Este convenio, serve como se dixo na súa presentación “por un lado de apoio á formación dos alumnos e por outro, para que o centro, absorba os coñecementos que estes alumnos poidan aportar”.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...