HomePolíticaTomé Roca prepara o Congreso Provincial coa militancia da comarca de Sarria...

Tomé Roca prepara o Congreso Provincial coa militancia da comarca de Sarria e da Montaña

O candidato a liderar o PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, continúa as reunións coa militancia coas que está a visitar toda a xeografía lucense. Nestes encontros, que este sábado tiveron lugar en Becerreá e Sarria, Tomé Roca explica aos militantes o seu proxecto para o partido e escoita as súas opinións e propostas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa, baixo o nome de Camiñamos Xuntos ten como obxectivo preparar o Congreso Provincial que se celebrará o próximo 20 de febreiro.

No mediodía de hoxe, o socialista reuniuse en Becerreá coa militancia do municipio nunha xuntanza á que tamén estaban invitados os militantes de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Cervantes, Navia de Suarna, Baralla e Folgoso do Courel. A continuación, Tomé Roca compartiu a tarde do sábado coa militancia de Paradela, O Incio, Samos, Triacastela, Láncara e Sarria, nunha reunión neste último municipio.

Como fixo en anteriores ocasións, o socialista trasladoulle á militancia que pon á disposición do partido toda a súa “experiencia política, tanto orgánica como institucional” para darlle un impulso ao socialismo na provincia. Neste senso, Tomé Roca explicou aos asistentes que a súa proposta se basea “na capacidade de traballo, de organización, de propostas e de dinamismo”.

Subliñou tamén a forza socialista na provincia de Lugo, “onde gobernamos en 28 municipios, entre eles a maioría das grandes vilas e cidades, e tamén a Deputación”. Unha boa situación que, segundo sinalou o socialista, só poderá consolidarse e mesmo mellorar, “se hai unha inmensa maioría unida en torno ao proxecto do partido socialista”.

“Como partido, debemos manter unha mensaxe de unión. Precisamente por iso é tempo de mirar cara adiante. Non podemos perder tempo falando do pasado”, engadiu.

Para lograr isto, Tomé Roca fixo un novo chamamento á importancia da militancia, no centro do seu proxecto. “Debemos ensanchar as bases do partido, porque iso permitirá que os socialistas de Lugo sexamos determinantes unha vez máis”, indicou respecto ó papel da provincia a nivel orgánico.

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...