HomesociedadeOs viños da D.O. Ribeira Sacra abren o calendario de feiras internacionais...

Os viños da D.O. Ribeira Sacra abren o calendario de feiras internacionais en Vinexpo

12 adegas da D.O. Ribeira Sacra participan en París, do 14 ao 16 de febreiro, da primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A participación na feira dá a oportunidade de contactar con expertos da industria dos diferentes países para impulsar as vendas e estimular o mercado internacional.

Wine Paris & Vinexpo Paris 2022 será o principal evento empresarial internacional do ano dedicado ao sector do viño e das bebidas espirituosas. A cita reúne durante 3 días a compradores clave e aos principais responsables da toma de decisións no mercado do sector. A feira que presenta novos produtos e tendencias emerxentes ten a súa filosofía en construír relacións reunindo a máis de 2.800 expositores de 32 países. Este ano espérase que unhas 20.000 persoas visiten Vinexpo París.

En maio de 2019 a D.O. Ribeira Sacra acudía por segunda vez a Vinexpo Bordeaux. A participación neste tipo de citas supón promocionar e dar a coñecer os viños da D.O. no mercado internacional, de modo que as adegas que xa exportan, consolidan as súas vendas e as que aínda non o fan, teñen a oportunidade de abrir novos mercados.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...