HomesociedadeRuxe-Ruxe e Sala Avenida, locais que retoman a música en directo

Ruxe-Ruxe e Sala Avenida, locais que retoman a música en directo

A desescalada nas restricións vai facer posibles espectáculos musicais en vivo nestas salas de Quiroga e de Escairón. O lecer nocturno recuperará o horario que recollan as súas licenzas a partires deste sábado 12 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba estes días que se dá un paso máis na desescalada de restricións activadas pola covid-19 e, en vista da boa evolución epidemiolóxica, procederíase a eliminar as restriccións horarias para a hostalaría galega.

Deste xeito, os bares, restaurantes e locais de lecer nocturno recuperarán o horario que recolla a súa licenza en cada un dos casos. “A partir das 00:00 deste sábado 12 de febreiro, volveremos aos horarios normais en toda a hostalaría galega”, anunciaba Feijóo.

Diante deste novo escenario, comezan a anunciarse as primeiras actuacións en locais de lecer do sur lucense. Este é o caso, por exemplo, do establecemento Ruxe-Ruxe de Quiroga que o sábado a partires das 23:00 h. terá en concerto ao dueto ourensán Soul & Roll.

Dende a xerencia deste local “queren recuperar vellos tempos e animar o ambiente un pouco coa chegada de San Valentín”. Aproveitando esta data, convidan a “Renamorarse” do Ruxe e fan un chamamento á participación no que será o seu primeiro concerto deste 2022.

Miguel Araujo e Tamara Pérez. Foto: Soul & Roll

SOUL & ROLL

Dueto ourensán formado por Tamara Pérez –vocalista– e Miguel Araújo –guitarra e percusión– que comezaron a súa andaina musical no 2013.

Nos seus concertos prima o bo rollo e a espontaneidade, facendo que cada concerto sexa unha experiencia agradable e divertida. No seu repertorio priman as versións máis representativas do pop, soul, blues ou rock, tanto nacional como internacional, aínda que tamén teñen algún tema propio.

Outro local que organiza tamén unha completa sesión musical, neste caso en Escairón –O Saviñao– é a mítica Sala Avenida.

Neste local, a partires das 00:00 h. terán un concerto do grupo Los Yolos, e a continuación sesións de DJ a cargo dos pinchadiscos locais: Black Noiz e Scairon Johanson. Segundo nos comenta Emilio, xerente da sala, “xa había ganas de volver gozar da noite e da música en directo”.

Los Yolos. Foto: Humo Internacional

LOS YOLOS

“Poderiamos dicir que Los Yolos é un grupo dos centos que xorden hoxe en día”, así comeza unha referencia artística súa na axencia artística Humo Internacional.

Para dar a coñecer máis ao grupo advirten que non debemos quedar coa súa “aparente simpleza das harmónicas guitarras” pois detrás delas agóchase unha “gran sensibilidade e complexidade que xunto ás súas letras melancólicas crean un pastel perfecto, aquel que sobe ao metelo no forno”.

O cantante, Raúl Páez, de orixes galegas, seica terán moito que ver, con este “bittersweet impregnado de patina ochenteira”.

Cartel

ÚLTIMAS

Cans do Castro, unha residencia canina e centro de cría no Concello de Pantón

Segredos de Pantón comparte en Xornal de Lemos a súa entrevista a ‘Cans do...

Os Reis Magos chegan en tren a Monforte e desfilan polas rúas de Chantada

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de...

Parabéns para Encarna Lago pola Medalla de Ouro en Belas Artes, destacando as súas aportacións para a inclusión e interculturalidade desde os museos

Nun encontro celebrado no Museo Provincial de Lugo trasladóuselle á xerente da Rede Museística...

Nova xuntanza da Comunidade de Aprendizaxe Montes de Saberes, o 22 de xaneiro no Auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles Galicia desenvolvido por Acción contra a...