HomeSucesosAta dentro dun mes non se saberá a quen pertence o corpo...

Ata dentro dun mes non se saberá a quen pertence o corpo atopado recentemente en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A identidade do corpo atopado nas inmediacións da residencia de Prodeme o 5 de setembro non se desvelerá ata comezos de mes de outubro, segundo informan dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Se ben é certo ca roupa que tiña o cadáver no momento do seu achado coincide ca que levaba Carlos Yáñez o día da súa desaparición, todo fai pensar que se trata del pero o certo é que haberá que esperar ata o vindeiro mes para ter a confirmación oficial da súa identidade.

Por outra banda, tamén haberá que esperar a que fontes oficiais informen acerca de como puido ser que tras a batida do día 30 de agosto na que participaron cans adestrados da Policía Nacional, drons e o Escuadrón de Cabalería non se atopara un corpo, que día máis tarde e na mesma zona que xa fora rastrexada, o atopara un veciño da localidade dando un paseo.

 

 

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...