HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra promociónase en Vinexpo mentres mantén os selos de...

A D.O. Ribeira Sacra promociónase en Vinexpo mentres mantén os selos de calidade e embotella a ritmo prepandemia

ENAC acaba de renovar o seu selo de calidade coa Denominación de Orixe o que permite que as adegas poidan seguir embotellando o seu produto e que informa ao consumidor de que están garantidas as normas de calidade que se requiren.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra evoluciona progresivamente na verificación da cantidade de viño que embotella anualmente. Para que as adegas poidan embotellar o viño ten que pasar un control analítico e organoléptico, que supón a verificación para poder ser embotellado. Desde que obtén a verificación a adega ten dous meses para embotellar e sacar o viño ao mercado.

Así nos últimos 10 anos os datos da cantidade de viño verificado anualmente correspóndese cos anos de maior colleita. No 2019 verificáronse 3.929.578 litros de viño no que foi o ano de maior colleita da D.O. Ribeira Sacra, 7.262.831 quilos de uva. No ano 2020, primeiro ano de pandemia verificáronse 3.508.134 litros de viño e o pasado ano 3.733.221 litros, polo que o ritmo de embotellado non se viu moi afectado pola pandemia, superando os datos de 2012, 2013, 2014 ou 2015 e igualando no primeiro ano de pandemia as cifras de embotellado de 2018. Nos datos tamén se pode comprobar que o ritmo de embotellado, descende en época de vendima, principalmente en outubro, pero tamén se aprecia o descenso en setembro.

E o C.R.D.O.R.S. obtén por 15 meses máis a certificación de ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, entidade designada polo Goberno para operar en España como o único Organismo Nacional de Acreditación, en aplicación do Regulamento (CE) nº 765/2008 que regula o funcionamento da acreditación en Europa.

O Consello Regulador é unha entidade certificadora de adegas que emite precintas de garantía cando as adegas cumpren todos os requisitos do prego en base ao manual de calidade. Anualmente ese traballo de certificación compróbase coa auditoría de ENAC, que acaba de renovar o seu selo de calidade coa Denominación de Orixe.

E a D.O. Ribeira Sacra participa ata o día 16 nunha nova edición de Vinexpo París con 12 viños. Trátase da primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...