HomesociedadeA Xunta apoia os programas de AFA Chantada para a atención de...

A Xunta apoia os programas de AFA Chantada para a atención de persoas con alzheimer

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este xoves a sede da entidade para coñecer as actividades de rehabilitación cognitiva que organiza o colectivo grazas a unha achega concedida na anterior convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo este tipo de iniciativas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Sanidade colabora coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada (Afa Chantada) para desenvolver programas de atención sociosanitaria dirixidos a persoas que sofren esta doenza.

Arias salientou o importante labor das asociacións neste eido, “xa que promoven actuacións que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas enfermas de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e ofrecen apoio aos seus familiares”.

Na provincia de Lugo, no ano 2021 a Consellería de Sanidade tamén colaborou cun programa das mesmas características impulsados pola Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro (AFA Viveiro).

En canto á convocatoria deste ano, Arias destacou que incrementou o seu orzamento nun 40% ata alcanzar os 250.000 euros, co que a Xunta quere chegar a máis asociacións sen ánimo de lucro que desenvolven programas de apoio psicolóxico, estimulación cognitiva, integración sensorial, rehabilitación de fisioterapia para pacientes con TEA e tratamentos para persoas con trastornos de conduta alimentaria, enfermidades raras, alzheimer, ELA, enfermidades neurodexenerativas e parálise cerebral ou dano cerebral adquirido. Tamén medra a contía máxima das achegas, que pasa de 12.000 a 16.000 euros.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...