HomesociedadeSae a concurso a xestión do Club Náutico de Ponte do Sil...

Sae a concurso a xestión do Club Náutico de Ponte do Sil por un prezo de 450€ ao mes

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, 1 de abril, a apertura do procedemento de concorrencia pública para adxudicar por concurso a explotación do Club Náutico Ponte do Sil, en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a xestión do Club Náutico de Ponte do Sil,o prezo mensual é de 450€ ao mes, é dicir, 5.400€ ao ano. A Deputación avaliará para a súa adxudicación o prezo ofertado polas empresas, os investimentos en equipamento propostos para as instalacións, e a memoria técnica e xestión empresarial presentada.

A concesión é por 2 anos, e con posibilidade de dúas prórrogas máis dun ano cada unha. Farase unha concesión demanial, o que significa que o gañador ou gañadora do concurso terá o aproveitamento privativo e temporal destes bens. García Porto incidiu en que o funcionamento deste tipo de servizos enriquece a oferta turística da provincia.

O Club Náutico Ponte do Sil atópase ó carón do embarcadoiro da Deputación de onde parte unha das rutas en catamarán que a institución ten en funcionamento na Ribeira Sacra. Atópase nun lugar privilexiado con vistas ó río Sil, sendo o complemento perfecto para as persoas que desfrutan deste entorno fluvial. Na cafetería do Club Náutico de Ponte de Sil a Deputación desenvolveu un conxunto de obras de mellora e regularización das instalacións. “Fixéronse as actuacións necesarias para instalar unha estación de depuración de augas ás que destinamos uns 23.000€. E instalouse unha plataforma elevadora para mellorar a accesibilidade neste lugar cun investimento de 15.180€”, detallou a Deputada.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...