HomesociedadeConta atrás para 'a Medieval' de Monforte. Coñece o programa completo

Conta atrás para ‘a Medieval’ de Monforte. Coñece o programa completo

O Concello de Monforte vén de subir á súa web a programación completa e ao detalle das actividades da XVIII Feira Medieval que se celebrará os días 16 e 17 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia volve ‘A Medieval’ de Monforte na que será a súa edición 18. Un paso máis para achegarse ás 20 edicións que se necesitan para acadar a condición de Feira de Interese Turístico de Galicia.

O pasado 26 de marzo, e durante o “Mercado para a Medieval”, presentábase o programa oficial da XVIII Feira Medieval de Monforte, e esta semana subíase o mesmo á páxina web do concello. Un folleto no que figura o plano, co detalle de todos os postos que haberá no Mercado Medieval, e a programación completa e ao detalle de todos os espectáculos e actividades que haberá ao longo da fin de semana.

Días atrás xa avanzamos algo do programa en Xornal de Lemos, pero accedendo a esta información calquera que queira vivir este gran evento poderá organizarse e orientarse en función das súas preferencias.

O ‘Mercado Medieval’ conta con 103 postos, 50 de artesanía, 34 de alimentación e 19 de comercio; e no apartado de actividades e espectáculos, por citar algúns, haberá: Campamento Medieval, Salva de Artillería, obradoiros medievais, espectáculos de aves de rapiña e cetrería, Xustas Medievais, música de rúa, Desfile do Dragón, etc.

Ambiente da Feira Medieval na Praza de España (arquivo). Foto: XMF

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...