InicioPolíticaDesenquistar o porto seco de Monforte, traslada o BNG ao Goberno

Desenquistar o porto seco de Monforte, traslada o BNG ao Goberno

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para que o Goberno do Estado dea unha solución aos problemas que impiden rematar o proxecto de conexión entre o porto seco de Monforte de Lemos coa N-120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto do porto seco de Monforte foi anunciado en 2001 e inaugurado en 2014, mais, a día de hoxe, vinte anos despois o resultado constitúe un espazo ermo e sen ningunha empresa instalada, debido fundamentalmente á falta de servizos e conexións.

Unha necesidade para a operatividade do porto seco é a conexión coa estrada N-120. Fíxose do porto seco ata As Fontes e a segunda fase das Fontes ata a N-120 está proxectada e aínda non concluíu. “O motivo principal débese ás diferentes posicións das dúas administracións implicadas. Esta conexión é unha vía indispensábel para o funcionamento do Porto Seco, ademais de servir como circunvalación da cidade de Monforte de Lemos” explica o deputado do BNG.

Despois da inauguración ficaron moitos problemas sen resolver como o saneamento, que se resolveu cunha depuradora en 2017, e mesmo a carencia dunha plataforma loxística. “A plataforma non se incluíu na obra da primeira fase, o que deixaba sen operatividade intermodal o Porto seco” lembra. ADIF anunciou que a plataforma do porto seco será ampliada para estender a lonxitude coa que contan as vías máis próximas á zona destinada a carga e descarga, “mais segue sendo unha promesa”.

Segue pendente de execución o tramo de apenas un quilómetro de longo que completaría os accesos do porto seco coa  N-120. “Este último tramo foi paralizado polo propia ADIF que denegou a autorización para conectar esta plataforma loxística coa estrada” destaca. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias exixía entón a supresión dun paso a nivel sen barreiras situado a uns cen metros de distancia da infraestrutura viaria.

Porto seco BNG / BNG

O Goberno do Estado tamén puxo o reparo sobre o cruzamento dunha pista de servizo do regadío Val de Lemos, cuxa xestión depende da CHMS, que tamén informou negativamente. “A Xunta pola súa banda afirma que a eliminación dun paso a nivel non é competencia da administración  galega e que a obra de conexión non afecta en absoluto nin ao camiño nin ao paso” informa Rego.

En definitiva, “o porto seco permanece enquistado practicamente desde que se anunciou, hai máis de 20 anos” destaca o deputado nacionalista. O BNG considera fundamental “completar os servizos que fagan desta unha infraestrutura útil e dar un impulso decidido á liña Monforte-Ponferrada para integrala no Corredor Noroeste-Corredor Atlántico de Mercadorías”. Para iso consideran necesario pór vontade política e solucionar os conflitos entre ambas as administracións que permitan completar a conexión entre o Porto Seco e a  N-120.

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...