Con estas sentezas os antigos traballadores da empresa Rutas Sacras Nomar UTE, anterior concesionaria do contrato de servizos turísticos do Concello de Monforte, perderon o xuízo por despido contra a actual concesionaria do servizo, a UTE “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L, Unión Temporal de Empresas Ley 18/82, Nº 1”.
O total por despido improcedente dos 4 traballadores ascende a 18.569,40 euros. As sentenzas afirman que o convenio colectivo estatal de axencias de viaxes que aplicaba o concello esta de acordo coa lei e non mal aplicado como denunciaba o xerente de Rutas Sacras, José Ramón Martínez Mareque.
Neste senso, o Alcalde sinalou que ”con estas dúas sentencias das que somos coñecedores, dende o Concello tiñamos razón cando diciamos que esta empresa non estaba a aplicar o convenio colectivo que lle esixía o prego de condicións do servizo, é dicir, o Convenio colectivo estatal de axencias de viaxe, polo que agora terán que pagar ós/ás traballadores que os demandaron as diferencias salariais resultantes de non aplicar dito convenio”.
Segundo o alcalde as sentenzas recoñecen que o “Convenio de Ocio educativo e animación sociocultural” que aplicaba Rutas Sacras “sen coñecemento do concello, foi mal aplicado, pois nada ten que ver cos servizos que se levan a cabo na Oficina de Turismo, na Torre da Homenaxe, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, e na Oficina de Atención ó Peregrino, de divulgar información turística fronte a un carácter educativo ou formativo”.
Estas sentenzas eximen tanto ó Concello como á actual empresa concesionaria dos servizos turísticos de subrogar ós empregados da anterior concesionaria, porque ademais, a actual UTE concesionaria presentou a súa proposta correctamente e de acordo co convenio contido no prego de condicións do servizo, o de axencias de viaxe, un convenio que non prevé a subrogación do persoal, en caso de cambio de empresa.
Asegura o alcalde que “mentres sexa Alcalde, non vou ceder a ningunha presión nin chantaxe de ningunha empresa, como quedou claro neste caso, ou máis recentemente nos casos dos parques públicos de Val de Lemos, Parque do Barrio do Hospital, coa grúa da rúa Ferrol, ou a Zona C. Queda de manifesto que defende o interese público de todos os monfortinos e monfortinas”, conclúe.