Homesociedade'Reiníciate', o programa de inserción laboral para parados de longa duración

‘Reiníciate’, o programa de inserción laboral para parados de longa duración

A Deputación de Lugo, coa colaboración da Escola de Organización Industrial, impulsa este plan de formación e emprego co dobre obxectivo de favorecer a inserción laboral deste colectivo e nutrir de man de obra cualificada a sectores de alta demanda como, por exemplo, o do viño ou o sociosanitario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de comunicar que abre o prazo de inscrición no programa de formación e emprego de persoas desempregadas de longa duración ‘Reiníciate, encamiña o teu futuro.

Trátase dunha acción formativa e facilitadora de incorporación ao mercado laboral que impulsa coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI) co dobre obxectivo de favorecer a inserción laboral deste colectivo e nutrir de man de obra cualificada a sectores con demanda como son, por exemplo, o do viño, o da organización de loxística e reparto ou tamén o sociosanitario.

O programa, dotado con 355.000€, constará de formación gratuíta teórica e práctica nos sectores devanditos e establécense tres zonas de actuación que son: a zona norte (Burela); a zona sur (Monforte de Lemos); e a zona centro (Lugo). Poderán acollerse a este novo programa un total de 120 persoas, sen límite de idade, que acrediten levar un ano, como mínimo, inscritas no Servizo Público de Emprego. A inscrición pode facerse accedendo á seguinte ligazón https://lugoempleo.com.

Outra das avantaxes de inscribirse nestas formacións é que todas as persoas participantes acadarán unha capacitación básica para poder acceder a traballos cualificados. Con ela, aqueles que carezan do graduado escolar ou a ESO, poderán acceder a eses postos de traballo.

Todas as persoas participantes acadarán a capacitación básica e clave para acceder a un posto de traballo cualificado

OUTROS PROGRAMAS FORMATIVOS

Este programa provincial súmase ao Reiníciate: dixitaliza a túa empresa e o Reiníciate: enfoca o teu futuro, ambas iniciativas que a Deputación ten en marcha xunto coa EOI.

O primeiro ofrece formación de balde ás empresas da provincia de Lugo para axudarlles a aproveitar os recursos das novas tecnoloxías de cara a modernizar e mellorar o seu negocio; mentres que o segundo ten como obxectivo favorecer a inserción no mercado de traballo da xente nova da provincia dándolle formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas con profesións de alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías e coa dixitalización.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...