HomeEconomíaUSC e Confederación Hidrográfica Miño-Sil estudarán un plan de regadío no Val...

USC e Confederación Hidrográfica Miño-Sil estudarán un plan de regadío no Val de Lemos

O acordo conta cun investimento estimado de máis de 290.000 euros e ten o obxectivo de determinar as condicións que rexerán o seu financiamento e os traballos que levarán a cabo, que durarán uns 18 meses salvo que as partes acorden de forma unánime a súa prórroga ata un máximo de catro anos.

Publicado o

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, asinaron este martes un convenio polo que ambas as institucións colaborarán no desenvolvemento dun plan integral para o aproveitamento sustentable do regadío en máis de 4.000 hectáreas do Val de Lemos.

O acordo conta cun investimento estimado de máis de 290.000 euros e ten o obxectivo de determinar as condicións que rexerán o seu financiamento e os traballos que levarán a cabo, que durarán uns 18 meses salvo que as partes acorden de forma unánime a súa prórroga ata un máximo de catro anos.

Este plan, segundo informa a USC, permitirá ofrecer un diagnóstico integral á zona de regadío no Val de Lemos, á vez que achegarán propostas de accións para que o seu desenvolvemento futuro garanta a sustentabilidade da agricultura e permita avanzar na loita contra o cambio climático.

Os traballos recaerán no grupo de investigación GI-1716 PROePLA da USC –coordinado polo catedrático na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo Manuel Marey– e acometeranse desde as perspectivas legal, económica, social, procdutiva e estrutural da zona analizada.

Máis aló deste diagnóstico, o plan integral planificará as actuacións a realizar, así como a súa implementación práctica, mentres que debe determinar o custo de cada acción e as entidades que deben participar na achega das solucións propostas. De feito, destaca a USC, este convenio outorga un “valor esencial á participación” dos comuneiros tanto na obtención da información como na articulación das solucións.

ÚLTIMAS

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...