HomesociedadeCoñece a túa provincia achegouse esta semana a Taboada, Chantada, Quiroga e...

Coñece a túa provincia achegouse esta semana a Taboada, Chantada, Quiroga e O Incio

Seis asociacións da provincia de Lugo percorreron esta semana a provincia grazas ao programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Unhas 120 persoas da Pastoriza, Lugo e Riotorto, cada un dos seis grupos co seu itinerario, descubriron os municipios de Taboada, Chantada, Quiroga, Cervo e O Inicio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada, da Pastoriza, desprazouse ata os municipios de Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, ademais de facer unha parada nunha adega.

A asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias de Lugo, achegouse a Quiroga, onde visitaron o Museo Xeolóxico, o miradoiro de Campodola, e coñeceron unha adega.

A asociación de veciños de Crecente, da Pastoriza, visitou os concellos de Pantón e Carballedo. No seu percorrido descubriron o convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e unha adega, entre outros reclamos turísticos da comarca.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza (ASAPA), visitou este venres a Granxa Gayoso Castro. Dende alí partiron cara Taboada e Chantada  para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, e coñeceron unha adega.

Tamén onte a veciñanza de San Xosé de Vilaseca de Riotorto achegouse ao concello do Incio para visitar o encoro de Vilasouto realizando unha ruta circular a pé, visitaron á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, a aldea de Ferrería e o monumento ao mamut.  

Turismo de proximidade

Máis de 3.000 persoas de 135 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro. 

Un programa que busca seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre a veciñanza, e consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural.

Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas son realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...